Lara Méndez: “O centenario do Parque Rosalía é un gran data para fomentar un maior coñecemento sobre esta xoia natural”

A veciñanza pode xa percorrer o espazo verde coñecendo as especies botánicas e os monumentos máis significativos a través da cartelaría que quedou instalada.

Durante varias semanas, poderase visitar a exposición que se inaugura esta mesma tarde onde se recollen os fitos principais da historia deste parque emblemático.

A alcaldesa de Lugo destapou un monolito ubicado na entrada do Parque co propósito de brindar un sinxelo pero cálido recoñecemento a Ángel López Pérez.

Martes, 13 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “O centenario do Parque Rosalía é un gran data para fomentar un maior coñecemento sobre esta xoia natural”

O Parque Rosalía de Castro acolleu esta tarde os actos de celebración do centenario da decisión da Corporación municipal de Lugo para a construción desta xoia natural, en xullo de 1921. “Hoxe é unha gran data, unha ocasión excepcional que queremos aproveitar para impulsar accións que permitan que a cidadanía coñeza máis a fondo tanto a súa historia como toda a riqueza botánica e patrimonial que alberga”, sostivo a alcaldesa tras destapar o monolito que lembra a data e que recoñece ao rexedor que o impulsou, Ángel López Pérez.

A rexedora estivo acompaña na xornada festiva polo concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, o historiador Adolfo de Abel Vilela, autor do libro sobre o centenario e membro do equipo redactor do Plan Director del parque, así como de numerosa veciñanza que se achegou ao parque durante os actos conmemorativos.

Ao comezo do acto, a alcaldesa de Lugo destacou a figura de Ángel López Pérez, “o responsable de promover e executar algúns dos grandes proxectos pendentes na cidade desde finais do S XIX, entre eles onde nos atopamos” destacou a rexedora.

Acto seguido, realizouse un percorrido polos puntos de interese arquitectónico e botánico, que desde hoxe están sinalizados e con cartelería explicativa co fin de pór en valor todos os elementos patrimoniais deste espazo verde. Ademais, pasearon pola exposición ‘O Parque Rosalía de Castro Centenario da súa creación 1921-2021”, que conta con máis dunha ducia de paneis que recollen a historia do parque e que ten o libro do centenario escrito por Adolfo de Abel Vilela como base documental. A mostra estará instalada durante varias semanas.

A clausura da xornada correu a cargo dos Foolmakers, que recuperaron a tradición dos concertos no templete do parque, e que centraron o concerto en música dos anos 20.

O Concello estivo a traballar nas últimas semanas na recuperación do parque, accións nas que se investiron tanto fondos municipais como do plan Muramiñae, cofinanciado con fondos FEDER. As accións incluíron a mellora dos máis de 200 bancos de madeira, o pintado de preto dun centenar de farois, a reposición de azulexos, a limpeza da pedra e das estatuas, a pintura nas zonas que o necesitaban, o cambio de papeleiras e o mellor acondicionamento da área infantil, entre outras.

"Esta execución entra na primeira fase de acción, e se completarán cunha segunda fase recollida no novo prego de mantemento de zonas verdes e que contempla unha partida de preto de 300.000 de euros para unha segunda” destacaba a rexedora.

Multimedia

  • Lara Méndez: “O centenario do Parque Rosalía é un gran data para fomentar un maior coñecemento sobre esta xoia natural”
  • Lara Méndez: “O centenario do Parque Rosalía é un gran data para fomentar un maior coñecemento sobre esta xoia natural”

Noticias relacionadas