Lara Méndez: “Non debemos esquecer figuras como o alcalde Angel López Pérez, que tan fonda pegada deixou en Lugo”

A alcaldesa, acompañada por José López Orozo, presentou o libro, escrito por Julio Reboredo, sobre o que foi rexedor da cidade no primeiro terzo do século XX.

Entre os asistentes ao acto, presidido polo cadro de López Pérez e na que se exhibiron pertenzas súas, estivo Notario Vacas e numerosa veciñanza.

O libro, editado polo Concello de Lugo, é un relato sobre o deseño do municipio que impulsou a ‘Mosca Blanca’, contextualizado na historia.

Venres, 18 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “Non debemos esquecer figuras como o alcalde Angel López Pérez, que tan fonda pegada deixou en Lugo”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe, nun ateigado Salón de Plenos na Casa Consistorial, o libro ‘La Mosca Blanca’, obra de Julio Reboredo Pazos sobre o alcalde Ángel López Pérez e sobre o Lugo que deseñou e impulsou no primeiro terzo do século XX. “A edición desta obra era unha obriga para o Concello e, para min, como alcaldesa, é un orgullo activar este recoñecemento porque os e as lucenses non deberíamos esquecer ás figuras que desenvolveron un entusiasta e apaixonado labor en favor da veciñanza e que deixaron tan fonda pegada no municipio”, destacou.

A rexedora estivo acompañada do alcalde José López Orozco, autor do prólogo do libro - que firman todos os primeros mandatarios da democracia - e da presenza do propio Angel López, xa que o seu retrato, que pintou a lucense Xulia Minguillón, unha das poucas mulleres que logrou primeira medalla na Nacional de Belas Artes, presidiu o acto.

Méndez destacou que con Angel López Lugo entrou na modernidade, con proxectos como o Hospital de Santa María ou o Parque de Rosalía, pero tamén “foi un mandatario que revolucionou as formas de goberno. “Foi valente e decidido, e moi querido”, incidiu, e engadiu que “a obra de Julio Reboredo, amena, interesantísima e moi ben documentada, nos axuda a contextualizar a súas decisións pero tamén nos aporta unha visión da época nas que se tomaron e  de como era a sociedade lucense”.

O libro, editado polo Concello de Lugo, detalla tamén as relacións de López Pérez cos distintos grupos sociais e de influencia da cidade e traslada un relato de como era a vida cotiá nun Lugo cunha intensa actividade empresarial, obreira, cultural e de ocio.

López Orozco, pola súa banda, eloxiou o traballo de López Angel Pérez, trasladou a súa admiración por el e lembrou todo o cariño co que o lembra a cidade, mentres que o autor da obra, Julio Reboredo, que agradeceu o interese e total colaboración da alcaldesa “desde o primeiro momento para que este ambicioso proxecto vira a luz”, realizou un repaso das transformacións máis significativas impulsadas pola Mosca Blanca así como da situación social e económica do seu mandato.

Acudiron tamén á presentación como convidados o rexedor Tomás Notario Vacas e numerosos veciños da cidade.  

Julio Reboredo Pazos é licenciado en Historia, especialidade de Historia Contemporánea, catedrático de ensinanza secundaria, fino narrador, articulista e experto documentalista.

Máis info

Multimedia

  • Lara Méndez: “Non debemos esquecer figuras como o alcalde Angel López Pérez, que tan fonda pegada deixou en Lugo”
  • Lara Méndez: “Non debemos esquecer figuras como o alcalde Angel López Pérez, que tan fonda pegada deixou en Lugo”
  • Lara Méndez: “Non debemos esquecer figuras como o alcalde Angel López Pérez, que tan fonda pegada deixou en Lugo”

Noticias relacionadas