Lara Méndez mantén un encontro coa APEC

A Alcaldesa e o presidente da Asociación Provincial da Construción emprazáronse a unha nova reunión de traballo, na que tomarán parte a comisión de urbanismo deste colectivo e técnicos municipais

Venres, 28 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez mantén un encontro coa APEC

Dentro da toma de contacto que a Alcaldesa, Lara Méndez, está a realizar cos colectivos sociais e empresariais de Lugo, este venres mantivo un encontro co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), Hipólito Trinidad, no que, tras este primeiro acercamento, se emprazaron a unha nova reunión de traballo que o colectivo solicitará a principios de setembro, e na que tomarán parte a Comisión Urbanística da APEC e técnicos municipais, ademais do Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, co obxectivo de escoitar as propostas da asociación e intercambiar posturas de cara á revisión das ordenanzas fiscais vinculadas á actividade construtora, que quedará recollida nos Orzamentos municipais do 2016.

En calquera caso, a rexedora confirmou xa hoxe ao presidente da APEC a intención do Goberno local de baixar a taxa por ocupación de vía pública para a instalación de andamios.

Noticias relacionadas