Lara Méndez involucra á Universidade de Santiago nas bases que asentarán a reindustrialización de Lugo

A alcaldesa trasladoulle á vicerrectora a importancia do proxecto que impulsa a través da creación da Mesa da Diversificación Industrial, que complementará o Lugo Transforma

Méndez avanzou os pasos que está a dar para atraer novos  investimentos e empresas co fin de crear postos de traballo, “nun proceso acorde co noso modelo de cidade sostible”

Seguidamente, a rexedora convocou aos grupos da oposición para convidarlles a participar nesta Mesa.

Mércores, 02 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez involucra á Universidade de Santiago nas bases que asentarán a reindustrialización de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, trasladoulle hoxe á Vicerreitora da USC en Lugo, Montserrat Valcárcel, a importancia do proxecto que impulsa o Goberno local para atraer novos investimentos e empresas á cidade co fin de crear emprego, “nun proceso acorde co modelo de cidade sostible no que estamos a traballar”.

Unha das ferramentas que se está a activar é a Mesa da Industrialización de Lugo, á que convidou a participar á Universidade de Santiago, “porque é especialmente importante poder contar co potencial que ofrece á institución universitaria a través da súa labor formativa, de investigación, de difusión do coñecemento e de impulso de novas empresas”.

A esta Mesa xa se sumaron os axentes e colectivos económicos da cidade e a Xunta a través da vicepresidencia e consellería de Economía, Emprego e Industria, e o obxectivo da alcaldesa é que se vaian incorporado tamén o tecido social e o resto das institucións.

Na reunión, onde tamén estiveron presentes a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González Abelleira, e o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, a rexedora lembrou que esta Mesa para a Industrialización complementa a Estratexia Lugo Transforma, o fondo emprendedor municipal co que o Concello mobilizará 12 millóns de euros en cinco anos para atracción de empresas con alto impacto social e ambiental.

“É o maior investimento que desenvolve Lugo na súa historia para a atracción de empresas nun momento tan urxente como o actual, no que debemos traballar na recuperación do municipio debido a crise que nos deixan as restricións sanitarias derivadas da pandemia, e que afectaron especialmente ao sector comercial e a hostalaría”.

A Mesa para a Diversificación Industrial ten entre os seus obxectivos impulsar o acordo entre axentes políticos, sociais e económicos, detectar os recursos e capacidades da cidade para sentar as bases dunha futura industrialización e deseñar medidas para a atracción de empresas e talento a Lugo.

Seguidamente ao encontro a rexedora, convocou aos voceiros dos grupos da oposición, para convidarlles tamén a participar na Mesa.

Lugo Transforma, unha iniciativa pioneira

A Estratexia Lugo Transforma, pioneira en Galicia no ámbito municipal, articulase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco.

Deberán ser proxectos de alto valor engadido tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación, que se caractericen pola súa innovación e por apostar por modelos económicos sostibles e de economía verde, que acompañen ao modelo de cidade que se está a desenvolver Lugo.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a reindustrialización de Lugo | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas