Lara Méndez inaugura o primeiro gran evento gastronómico do ano en Galicia, a 17º Festa do Berberecho

A alcaldesa de Lugo agradeceu a Francisco Cajoto o convite en réxime de pregoeira por permitirlle “formar parte da historia desta destacada cita popular”

Sábado, 18 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez inaugura o primeiro gran evento gastronómico do ano en Galicia, a 17º Festa do Berberecho

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou a 17º Festa do Berberecho, evento que se celebra ininterrompidamente dende o ano 2004 e no que, nesta edición, a rexedora estivo presente en réxime de pregoeira.

Méndez comezou agradecendo ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que pensaran en ela para formar parte deste primeiro gran evento gastronómico do ano en Galicia.

“Síntome moi honrada de ser a pregoeira e quero darvos as grazas por permitirme formar parte da historia deste festexo que, ano tras ano, se consolida a pasos axigantados, ata converterse nunha das citas culinarias máis destacadas do inverno en toda Galicia, que consegue achegar á Mariña un gran número de visitantes”, subliñou a rexedora.

Lara Méndez aproveitou a súa intervención para felicitar ao Concello focense pola iniciativa e repasou algunha das bondades do municipio.

“Dicía o poeta Manuel María que o Cantábrico envía os seus bicos a Foz e son bicos a moreas ao longo dos seus 25 quilómetros de costa de incrible beleza e das súas nove praias de augas limpas e cristalinas”, subliñou a rexedora quen, destacou dun modo especial a riqueza ecolóxica e a gran variedade paisaxística da zona “pero, sobre todo, o seu patrimonio maior: as veciñas e veciños de Foz”.

Multimedia

  • Lara Méndez inaugura o primeiro gran evento gastronómico do ano en Galicia, a 17º Festa do Berberecho

Noticias relacionadas