Lara Méndez garante na Xunta de Voceiros a participación dos grupos políticos e do tecido asociativo na nova ordenanza da ORA

A Alcaldesa entregoulle a cada voceiro un informe elaborado polo departamento municipal de Cultura, sobre as orixes, funcións e historia da figura do Cronista Oficial de Lugo

Luns, 21 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, garantizou na Xunta de Voceiros deste luns a participación tanto dos grupos políticos como do tecido asociativo na nova ordenanza da ORA.

“O borrador da regulación xa está avanzado, e por iso o puxemos en coñecemento dos colectivos sociais de Lugo”, avanzou Lara Méndez, quen aclarou que “a participación dos grupos políticos está regrada procedimentalmente, e non hai nada máis democrático que o garantido por lei”, posto que as ordenanzas son discutidas en Pleno.

“A participación dos grupos políticos está garantida e como a participación dos colectivos non o está, nun claro exemplo de transparencia e participación, os dous instrumentos de traballos básicos aos que nos comprometemos, decidimos garantila por medio de reunións con asociacións, co obxetivo engadido de elevar ao Pleno a mellor das propostas posibles”, sentenciou Méndez.

O proceso para dotar a Lugo dunha nova ordenanza da ORA divídese en dúas fases diferenciadas: a aprobación da ordenanza da ORA, encargada de tipificar como servizo público a regulación do aparcadoiro para logar obxectivos de mobilidade e de rotación do aparcadoiro e a aprobación da Ordenanza Fiscal, que regula o aspecto estritamente fiscal ou pecuniario da ordenanza de servizo.

Cronista Oficial

A Alcaldesa entregoulle a cada voceiro un informe elaborado polo departamento municipal de Cultura, sobre as orixes, funcións e historia da figura do Cronista Oficial de Lugo, así como dos cronistas existentes na provincia e no resto de Galicia sobre a figura e a historia do cronista oficial. Nas vindeiras sesións tomarase unha decisión para iniciar o procedemento co maior dos consensos.

O Goberno local defende a necesidade de nomear Cronista Oficial, tal e como subliñou a rexedora, como “unha figura institucional que poña en valor a historia, patrimonio e cultura tan importante de Lugo”, e tamén ten claro o proceso para a súa designación, que será “participativo e transparente”.

A proposta da Alcaldesa consiste nunha primeira fase na que os cidadáns poderán facer propostas de nomes. De entre eles, “aos tres, catro ou cinco máis apoiados, preguntaráselles se queren ser Cronista Oficial. Unha vez obtido o consentimento dos candidatos, o nome sairá dunha votación popular aberta e pública”.

Audio

Noticias relacionadas