Lara Méndez fixo entrega aos colectivos que adestran nas Gándaras de novos almacéns para gardar o material

A rexedora de Lugo e o edil de Deportes, Miguel Fernández, estiveron cos clubes que se beneficiarán, aos que pertencen máis de 800 xogadores de distintas categorías.

Os novos espazos están dotados de puntos de luz, tomas de corrente e auga, unha billa, un desagüe específico para lavadora e un sumidoiro.

Sábado, 27 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez fixo entrega aos colectivos que adestran nas Gándaras de novos almacéns para gardar o material

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, fixeron entrega esta semana das chaves de seis almacéns aos diferentes colectivos deportivos que adestran nas Gándaras. Estes novos espazos, situados na zona do campo de fútbol, súmanse aos dous que xa existían, polo que se da servizo agora á totalidade dos oito clubes que utilizan esta zona de xogo, do que se benefician máis de 800 xogadores nas súas distintas categorías.

Con esta nova dotación, todos os colectivos disporán de áreas para gardar os materiais e instalar elementos para o seu uso. Cada almacén dispón de puntos de luz, tomas de corrente, tomas de auga (unha específica para lavadora), unha billa, un desaugadoiro e un sumidoiro.

 “A actuación súmase a outras xa acometidas polo goberno local para incrementar e mellorar os equipamentos deportivos ao servizo da cidadanía”, indicou a rexedora, que lembrou que recentemente foron renovados os céspedes artificiais nos campos de fútbol I e II das Gándaras,  nos que a área de Deportes investiu 349.593 euros.

“Cumprimos así un compromiso adquirido para seguir acondicionando as zonas para a práctica do deporte ao tempo que contribúe a fomentalo entre os lucenses e a dinamizar a cidade”, subliñou Fernández, obras que tamén axudarán a mellorar a adaptación continúa das instalacións ás restricións sanitarias derivadas da pandemia.

Noticias relacionadas