Lara Méndez felicita a Andrés Pereiro, por ser o primeiro lucense que gaña o torneo Conde de Godó

Mércores, 04 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez felicita a Andrés Pereiro, por ser o primeiro lucense que gaña o torneo Conde de Godó

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o edil de Deportes, Mauricio Repetto, recibiron esta tarde, no Concello, nun acto oficial, a Andrés Pereiro, o primeiro lucense que gaña o torneo Conde de  Godó.

Á recepción, asistiron os portavoces da Corporación Municipal, familiares, compañeiros de disciplina e amigos. Na mesma, a rexedora, apuntou que “é un orgullo para Lugo contar con xente nova tan preparada que, ademais, exerce de embaixadora da cidade polo mundo” ao tempo que, felicitou ao deportista pola súa imparable traxectoria e animouno a seguir cultivando éxitos.

O torneo Conde de Godó, é unha competición oficial tenística disputada anualmente nas instalacións do Real Club de Tenis Barcelona, na cidade de Barcelona. O Xogador do Club de Tenis As Termas realizou unha sensacional actuación individual nun torneo onde xa venceu, no seu momento, Rafa Nadal.

Multimedia

  • Lara Méndez felicita a Andrés Pereiro, por ser o primeiro lucense que gaña o torneo Conde de Godó

Noticias relacionadas