Lara Méndez fai entrega dos Hortos Urbanos dos Paxariños ás e aos seus novos adxudicatarios

A rexedora lucense e o concelleiro de Medio Ambiente puxeron hoxe as parcelas a disposición das e dos beneficiarios aos que tamén agasallaron con hortalizas de tempada para que iniciaran o cultivo.

O acto acompañouse dunha charla do experto en agricultura ecolóxica Carlos Brea que lles achegou e consellos e prácticas sostibles de aproveitamento da terra.

Sábado, 18 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez fai entrega dos Hortos Urbanos dos Paxariños ás e aos seus novos adxudicatarios

A rexedora de Lugo, Lara Méndez e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente fixeron entrega, esta mañá, ás e aos seus novos adxudicatorios dos hortos urbanos municipais no Parque dos Paxariños.

A alcaldesa quixo compartir a posta a disposición das parcelas ás e aos beneficiarios, instante que aproveitou para agasallalos con hortalizas de tempada como pementos, cebolas, cabazas, cabaciñas e tomates para que puideran comezar xa a cultivalas.

“Trátase dun momento moi especial polo agarimo que dende o Executivo lle puxemos a este proxecto co que, xa dende o anterior mandato, estamos facilitando ás familias recursos que fomentan prácticas sustentables e saudables, de autoconsumo, respectuosas co Medio Ambiente, que ademais favorecen a conservación e coidado da contorna e que tamén propician a creación de espazos de convivencia social ao redor da labranza, tan inherente a nosa identidade lucense”, asegurou Lara Méndez.

O acto incluíu, alén, unha charla do experto en agricultura ecolóxica Carlos Brea quen achegou ás e aos asistentes unha serie de pautas e recomendacións, para poñer en marcha prácticas en prol dun aproveitamento sostible da terra. Un aspecto fundamental, para o Goberno de Lara Méndez, como así se recolle xa nas normas de utilización polas que se rexen estes hortos e dentro das que se lles dá especial preferencia aoscultivos autóctonos e ás plantas comestibles de tradición hortícola, ás aromáticas e tamén ás medicinais.

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente,Miguel Fernández, lembrou que, en total se habilitaron32 parcelas de, aproximadamente, 30 m² cada unhadentro dunha extensión de máis de 3.000 m² de zona verde, sita entre a Rolda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, a carón da barrio do Xuíz.

“O recinto conta tamén con espazos dotacionais como estacionamentos e unha caseta de madeira para a garda de apeiros de labranza e material de traballo, e dispón de fontes de rega adaptadas á contorna e de mesas e bancos de uso público. A nosa vontade é que todas e todos os usuarios gocen moito destes hortos, que o seu cultivo lles sexa moi proveitoso non só a nivel produtivo e que entre todos e todas, a Administración facilitándollos, eles e elas traballándoos e o resto da cidadanía - que poderá observar e desfrutar tamén coa fermosa paisaxe que constitúen - contribuamos a defender valores de coidado e respecto polo planeta”, concluíu o tenente de alcaldesa.

Multimedia

  • Lara Méndez fai entrega dos Hortos Urbanos dos Paxariños ás e aos seus novos adxudicatarios
  • Lara Méndez fai entrega dos Hortos Urbanos dos Paxariños ás e aos seus novos adxudicatarios
  • Lara Méndez fai entrega dos Hortos Urbanos dos Paxariños ás e aos seus novos adxudicatarios

Noticias relacionadas