Lara Méndez eloxia “a loita exemplar” de Darío Rivas: “A dignidade dun país pasa por restituír a dignidade das vítimas”

A Alcaldesa mantivo un encontro cun dos maiores expoñentes da defensa das vítimas do franquismo e das súas familias

Venres, 21 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa durante o seu encontro con Darío Rivas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres no Concello un encontro con Darío Rivas, un dos maiores expoñentes da defensa das vítimas do franquismo e das súas familias. A rexedora eloxiou “a loita exemplar e incansable” que durante toda a súa vida desenvolveu Rivas, o primeiro querellante en Arxentina contra os crimes franquistas, unha querela que en España non saíu adiante polo procesamento de Garzón. Fillo do Alcalde de Castro de Rei Severino Rivas, asasinado en 1936 polos falanxistas, esta mesma semana recibiu unha homenaxe en Portomarín.

“A dignidade dun país pasa por restituír a dignidade das vítimas”, subliñou Méndez, engadindo que “ningún país de Europa houbo unha transición se restablecer a dignidade das vítimas, que, por sentido común, deben poder enterrar aos seus familiares, independente de quen sexan”. “Nunca chegará a haber un relato de país único, senón acadamos este obxectivo”, asegurou a Alcaldesa.

Lara Méndez entregoulle como agasallo institucional a Darío Rivas un exemplar de Poetas de Lugo, unha recolleita de traducións obra do académico Darío Xohán Cabana, que contén unha escolma de máis de 50 autores que escribiron versos sobre a cidade, desde o século XIII ao XXI.

Audio 

  • Sobre o encontro da Alcaldesa de Lugo con Darío Rivas | Descargar mp3

Noticias relacionadas