Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión do Xefe do Servizo de Urbanismo

Venres, 05 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión do Xefe do Servizo de Urbanismo

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión do Xefe de Servizo de Urbanismo.

José María González Rodríguez, conta cunha dilatada carreira como funcionario do Concello de Lugo ao que chegou hai máis de tres décadas. Ata hoxe, ocupaba unha praza de Técnico de Administración Xeral, desempeñando as súas funcións dentro deste mesmo departamento o que acredita a súa experiencia para exercer o novo cargo.

A alcaldesa aproveitou para felicitalo polo nomeamento, agradecendo o labor realizado durante todos estes anos, ao tempo que subliñou a “importancia de avanzar na cobertura destes postos, de maior rango xerárquico, que redundará nunha mellora da capacidade organizativa, tanto do traballo como dos efectivos cos que contan os departamentos, e que contribuirán, en definitiva, a optimizar a atención cidadá”, subliñou Lara Méndez.

Noticias relacionadas