Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo e do seu Goberno na defensa da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBIQA+

O Concello de Lugo desenvolve hoxe unha completa programación para concienciar e reivindicar a diversidade baixo o lema ‘E para vivir con Orgullo, Lugo’.

Martes, 28 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo e do seu Goberno na defensa da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBIQA+

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa hoxe nas actividades programadas con motivo do Orgullo LGTBIQA+, que comezaron na tarde de onte e que se desenvolverán durante todo o día co propósito de “fomentar a igualdade e o recoñecemento social de todas as persoas que viven e conviven na nosa cidade, incidindo especialmente no respecto e o cumprimento dos dereitos independentemente da condición sexual de cada cidadán”.

A rexedora destacou o lema da campaña elixida este ano polo Concello para reivindicar os dereitos das persoas LGTBIQA+, ‘E para vivir con Orgullo, Lugo’, que “amosamos na mesma fachada do Concello xa que como institución temos a obriga de visibilizar o camiño que aínda queda por percorrer”.

Méndez puxo en valor o firme compromiso do Concello de Lugo como administración local na defensa da liberdade e por unha sociedade diversa e igualitaria. Desenvolvemos políticas públicas encamiñadas a evitar a existencia da LGTBI-fobia, “especialmente a través da educación e da concienciación”.

Ás 20.00 horas, a rexedora, xunto á concelleira de Igualdade, Silvia Alonso, e outros membros do equipo de Goberno, e da man das asociacións Alas, Avante LGTB+, Agrocuir e Sete Outeiros, participará na manifestación pola igualdade e dignidade efectiva e real. A mesma sairá desde a praza Horta do Seminario e percorrerá Bispo Aguirre, Rolda da Muralla, rúa San Fernando, Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros e Praza da Soidade, onde terá lugar a lectura dun manifesto.

Para finalizar o día, a partir das 21.00 h., a alcaldesa fixo un chamamento á cidadanía en achegarse “á Praza da Soidade, e sumarse á festa de pos de cores con sesión DJ".

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Día do Orgullo LGTBIQA+ | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo e do seu Goberno na defensa da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBIQA+
  • Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo e do seu Goberno na defensa da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBIQA+
  • Lara Méndez destaca o compromiso de Lugo e do seu Goberno na defensa da diversidade e dos dereitos das persoas LGTBIQA+

Noticias relacionadas