Lara Méndez destaca a aportación de Auxilia Lugo na concienciación en temas de accesibilidade, “clave na transformación da cidade”

A alcaldesa de Lugo inaugurou hoxe a exposición do 50 aniversario deste colectivo, que estará ubicada na rúa Raíña ata o 10 de maio.

A rexedora destacou o compromiso do Concello para conseguir un municipio accesible e crear oportunidades para todas as persoas en condicións de equidade.

Martes, 03 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca a aportación de Auxilia Lugo na concienciación en temas de accesibilidade, “clave na transformación da cidade”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, e a concelleira de Igualdade e Muller, Silvia Alonso, asistiron á inauguración da exposición gráfica sobre a traxectoria de Auxilia Lugo ca que colabora o Concello, dende a área de Benestar Social.

A rexedora quixo expresar o seu parabén a Auxilia polos seus 50 anos de traxectoria, así como destacar que “un dos aspectos que mellor definiron a traxectoria de Auxilia foi a harmonía que sempre reinou entre os seus integrantes: usuarios, familias, traballadores … membros desta gran familia que camiñaron uns xunto a outros na procura dun obxectivo común: a normalización do colectivo das persoas con discapacidade” subliñou a alcaldesa ao tempo que puxo en valor a aportación de Auxilia Lugo na concienciación en temas de accesibilidade, “clave na transformación da cidade”

“Hai 5 décadas que Auxilia iniciou o seu camiño, conseguindo romper barreiras, estereotipos e prexuízos e contribuíndo a poñer fin a desigualdades, cambiar mentalidades e inxustizas nos distintos ámbitos e etapas da vida que impedían gozar de dereitos tan esenciais e básicos como o dereito á educación, a un emprego, a ter independencia económica, en definitiva, a gozar dunha vida plena, simplemente polo feito de ser diferentes” destacaba alcaldesa de Lugo.

No encontro, a rexedora expresou a vontade do Concello en manter o apoio continuado a Auxilia. “O compromiso do Concello pola accesibilidade é clave, e froito dese traballo conseguimos avances que foron premiados con prestixiosos recoñecementos de ámbito nacional e internacional, como o Premio Nacional Reina Sofía de Accesibilidade, a cistinción de Destino Turístico Accesible de España no 2015, a mención especial nos Premios Europeos de Accesibilidade-Access City Award no 2016 ou a Declaración como Cidade Mapcesible pola Fundación Telefónica, no 2019”, lembrou.          

Ao acto de inauguración, tamén asistiu José Tomé, Presidente da Deputación, deputados provinciais, membros da Corporación municipal, ademais de usuarios, familiares, e representantes de Auxilia.

A exposición que hoxe se abriu resume en 8 lonas a traxectoria deste colectivo na cidade con textos e fotografías, que se pode ver na rúa da Raíña ata o día 10 de maio.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca a aportación de Auxilia Lugo na concienciación en temas de accesibilidade, “clave na transformación da cidade”
  • Lara Méndez destaca a aportación de Auxilia Lugo na concienciación en temas de accesibilidade, “clave na transformación da cidade”

Noticias relacionadas