Lara Méndez da a benvida ó alumnado do campus Terra de Lugo, que vivirán e axudarán no cambio ó novo modelo de cidade sostible

Lara Méndez desexou ó novo alumnado un moi bo curso académico e recordou que o Concello de Lugo esta á enteira disposición para todo o que precisedes.

Montserrat Valcárcel falou das múltiples colaboracións que existen entre a universidade e o Concello de Lugo destacando o proxecto Life Lugo+ Biodinámico.

Luns, 09 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez da a benvida ó alumnado do campus Terra de Lugo, que vivirán e axudarán no cambio ó novo modelo de cidade sostible

A alcaldesa de Lugo asistiu este luns á Xornada de benvida do novo alumnado do campus de Lugo no Auditorio da Facultade de Veterinaria. Nesta ocasión estivo acompañada pola concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade, Olga López, que ademais exerce de profesora neste campus.

A apertura do acto foi da man do reitor Antonio López, que deu a benvida e concedeu as quendas de palabra polo seguinte orde, en primeiro lugar a vicerrectora de  coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel que falou das múltiples colaboracións que existen entre a universidade e o Concello de Lugo como é o proxecto Life Lugo+ Biodinámico, á orde do día actualmente, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, acto seguido o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé e finalizou ca intervención de Lara Mendez alcaldesa de Lugo, que dedicou unhas agarimosas palabras ós alumnos e alumnas do campus de Lugo “Benvidos a Lugo, á mellor cidade do mundo e concretamente ó campus Terra de Lugo o mellor campus que podiades elixir para prepararvos para o voso futuro que dende o Concello de Lugo traballaremos para que sexa nesta cidade”. A alcaldesa destacou ó alumnado que nas súas mans: estará vivir e axudar a construír un novo modelo de municipio sostible, pioneiro na loita contra o cambio climático.

As intervencións realizáronse de pé no vestíbulo do Auditório e o fin das mesmas houbo petiscos para todos os que quixeran ademais de diferentes actividades que fixeron que os novos alumnos interactuaran entre eles bailando e pasaran unha agrade primeira toma de contacto ca universidade.

Lara Méndez quixo desexar que “Desexamosvos a todas e todos os novos alumnos do Campus Terra de Lugo que teñades moi bo curso académico este 2019 / 2020 e dende o Concello de Lugo recordarvos que estamos a vosa enteira disposición para todo o que precisedes”.

Noticias relacionadas