Lara Méndez dá a benvida a Lugo a preto a medio centenar de alumnos de intercambio de 30 países diferentes

A alcaldesa pídelles que sexan embaixadores da riqueza patrimonial, social, natural e cultural da cidade cando volvan aos seus países de orixe.

Os  erasmus de Santiago uniranse aos estudantes  do Campus de Lugo  para realizar unha visita polas instalacións socioculturais e pola cidade amurallada.

Sábado, 02 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez dá a benvida a Lugo a preto a medio centenar de alumnos de intercambio de 30 países diferentes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiron este sábado, na casa Consistorial, a preto de 50 alumnos e alumnas de intercambio, de máis de 30 países diferentes de Europa, América, África e Asia. 

A rexedora deu a benvida aos estudiantes convidándoos a “gozar de Lugo e a actuar de embaixadores cando volvades aos vosos países de orixe para dar a coñecer internacionalmente a riqueza patrimonial, social, natural e cultural de Lugo”. “Encontraredes aquí una cidade acolledora e chea de vida e de numerosas ofertas para o voso tempo libre, gozade de Lugo con alegría pero tamén con responsabilidade”, sostivo.

Os erasmus de Santiago trasladáronse nun autobús fretado por  ESN Santiago de Compostela e uniranse aos estudiantes do Campus de Lugo os cales foron convidados ao evento para realizar unha visita polas instalacións socioculturais e pola cidade de Lugo.

A Asociación de Estudantes de Intercambio de Santiago de Compostela é unha   asociación universitaria que promove a integración de estudantes de intercambio      procedentes de programas de mobilidade nacional e internacional como Erasmus +, SICUE e Convenios bilaterais, que escollen a Universidade de Santiago de Compostela como destino da súa estancia de intercambio.

Multimedia

  • Lara Méndez dá a benvida a Lugo a preto a medio centenar de alumnos de intercambio de 30 países diferentes

Noticias relacionadas