Lara Méndez dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

Martes, 05 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da corporación municipal, recibiu este martes aos Reis Magos na carpa situada na Praza Horta do Seminario, onde as súas Maxestades de Oriente saudaron aos lucenses que se achegaron ao longo da mañá e que puideron facer entrega das súas cartas a través dun buzón real. A rexedora deulles a benvida a Lugo e lembrou que dispoñen dun permiso especial para poder chegar a todas as casas de Lugo, pese ás restriccións con motivo da pandemia. Pola tarde, os Reis Magos trasladaranse á Praza de Augas Férreas, onde quenes desexen velos de cerca e saudalos poderán facelo dende as 17:00 ata as 20:00 horas.

Multimedia

  • Lara Méndez dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

Noticias relacionadas