Lara Méndez coñece as instalacións de Fórum Ceao, o novo complexo hostaleiro da cidade que ofrece un innovador servizo coliving

Os seus hóspedes dispoñen de zonas de coworking para intercambiar experiencias laborais.

Xoves, 09 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez coñece as instalacións de Fórum Ceao, o novo complexo hostaleiro da cidade que ofrece un innovador servizo coliving

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coñeceu este martes as instalacións de Fórum Ceao, un novo complexo hostaleiro que conta con 23 apartamentos neste polígono industrial da cidade. Trátase, ademais, do primeiro aloxamento do municipio que ofrece un servizo de coliving, é dicir, ademais de habitacións, conta nas súas dependencias de espazos coworking nos que os seus hóspedes poden intercambiar experiencias laborais.

A rexedora felicitou a Carmen Lence, conselleira delegada do grupo Leite Río -empresa que xestiona os apartamentos, a través da filial Albura Lugo Hostalería- por “poñer en marcha esta iniciativa tan interesante, que axuda a dinamizar o tecido asociativo e empresarial da cidade, cun enfoque moi vinculado ao emprendemento”.

Ademais dos dous espazos de coworking, os apartamentos Fórum Ceao contan tamén cunha ludoteca, un ximnasio e unha lavandería.

Noticias relacionadas