Lara Méndez asiste ás finais do World Padel Tour

Domingo, 26 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ás finais do World Padel Tour

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Deportes e Xuventude, Mauricio Repetto, e o edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, asistiu este domingo nas finais do campionato internacional World Padel Tour, que reuniu en Lugo ás mellores palas do ranking mundial, coa colaboración do Concello. Hoxe celebráronse as finais do campionato, no que participaron arredor de 150 parellas mundiais entre a categoría masculina e feminina.

O World Padel Tour 2021 é a novena edición do circuíto profesional de pádel World Padel Tour. Esta edición celebrarase ao longo do ano 2021 en seis países e terá tanto categoría masculina como feminina. Algunhas das cidades que acolleron torneos en España foron Málaga, Lérida, Vigo, El Puerto de Santa María, Albacete, Córdoba, Valladolid e Barcelona.

Noticias relacionadas