Lara Méndez asiste á entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que recibiu Agroamb

Este galardón, convocado conxuntamente pola USC e Aresa, está dotado con 10.000 euros en metálico e unha placa conmemorativa

Venres, 22 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu hoxe á cerimonia de entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural que recibiu o grupo empresarial Agroamb, nun acto que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo. O administrador único de Agroamb, Severiano Ónega Ares, foi o encargado de recoller o galardón, convocado conxuntamente pola USC e Aresa e dotado con 10.000 euros en metálico e unha placa conmemorativa.

A cerimonia do Premio Aresa, que, coma noutras convocatorias, congregou personalidades dos eidos social, económico, político e cultural, estivo presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, e polo fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras.

Noticias relacionadas