Lara Méndez, asiste á cerimonia do IV Premio “Luís Porteiro Garea” outorgado a Antonio Rigueiro

Antonio Rigueiro, xogou un papel fundamental para que Lugo conte hoxe cun proxecto Life Lugo+Biodinámico.

Xoves, 16 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez, asiste á cerimonia do IV Premio “Luís Porteiro Garea” outorgado a Antonio Rigueiro

A alcaldesa de Lugo asistiu este xoves ó acto con motivo do IV Premio “Luís Porteiro Garea” que a Universidade de Santiago de Compostela convoca co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade e que nesta edición galardoou a Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo.

A cerimonia tivo lugar ás 12.30 horas no salón de actos do centro universitario, estivo presidida polo reitor da USC, Antonio López. Á mesma acudiron a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; o vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC e secretario do xurado, Manuel Núñez Singala.

Multimedia

  • Lara Méndez, asiste á cerimonia do IV Premio “Luís Porteiro Garea” outorgado a Antonio Rigueiro

Noticias relacionadas