Lara Méndez asiste á cerimonia de saída da 43 edición do Rally San Froilán 2021

Venres, 22 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste á cerimonia de saída da 43 edición do Rally San Froilán 2021

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou na cerimonia de saída da 43 edición do Rally San Froilán 2021, o máis lonxevo do Campionato, que nesta edición recupera os tramos de Goián e Láncara.

A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, e a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira. "O Rally San Froilán é sinónimo de deporte, de promoción da nosa cidade e da nosa provincia, e como non poñer a Lugo no mapa nacional", destacaba Méndez durante a cerimonia, ao tempo que lembrou o compromiso orzamentario do Goberno de Lugo co deporte.

Multimedia

  • Lara Méndez asiste á cerimonia de saída da 43 edición do Rally San Froilán 2021

Noticias relacionadas