Lara Méndez aposta por Lugo como destino seguro

Venres, 07 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aposta por Lugo como destino seguro

A Alcaldesa, Lara Méndez, e o edil Álvaro Santos, visitaron esta mañá en Lugo a campaña itinerante enmarcada na iniciativa 'Galicia destino seguro’. Lara Méndez fixo fincapé na importancia de “potenciar un turismo en Lugo seguro e acorde co modelo de cidade polo que estamos apostando, baseado na sostibilidade, máis amable e próximo ás persoas. É por iso que, especialmente nestes momentos de crise sanitaria global, debemos priorizar un turismo de calidade, menos masificado e capaz de satisfacer as demandas e intereses dos visitantes”.

A alcaldesa aposta por Lugo como “referente” para o turismo de experiencias pola ampla oferta de actividades e atractivos turísticos que alberga o municipio.

Multimedia

  • Lara Méndez aposta por Lugo como destino seguro

Noticias relacionadas