Lara Méndez aplaude o “compromiso real do Estado con Lugo” trala publicación, hoxe, no BOE da licitación da glorieta de Alfonso X

O Concello transferiu en xuño ao Ministerio unha superficie de 476’78 m² onde se erguerá a infraestrutura que terá 50 metros de diámetro e suporá un investimento de medio millón de euros.

“Esta nova dotación, froito da cooperación institucional, mellorará a situación do tráfico e a seguridade viaria nunha das principais arterias de comunicación da capital”, sinalou a alcaldesa.

Martes, 28 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aplaude o “compromiso real do Estado con Lugo” trala publicación, hoxe, no BOE da licitación da glorieta de Alfonso X

A alcaldesa de Lugo aplaudía hoxe a publicación no BOE do anuncio de licitación para construír unha nova Glorieta na confluencia da N VI coa rúa Alfonso X O Sabio.

“A mellor mostra do compromiso real que o Goberno Central ten coa nosa cidade: o reflexo, nun documento oficial, de que o proxecto comeza a materializarse”, sinalou Lara Méndez.

A rexedora agradeceu ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o cumprimento do convenio, asinado o pasado mes de xuño, para sacar a contratación a obra antes de que rematara o ano co fin de “dotar ao municipio dunha infraestrutura acorde ás necesidades dos e das lucenses que permitirá mellorar a situación do tráfico nunha das principais arterias de comunicación da capital”, engadiu.

Méndez lembrou, alén, a complexidade da súa tramitación, para a que foi necesario realizar varias correccións que dilataron a finalización do proxecto, e puxo de manifesto o impulso dado ao mesmo durante o último ano cando a Administración local formalizou a transmisión ao MITMA dunha superficie de 476’78 m² onde se asentará a nova rotonda.

“Un acordo - enfatizou a rexedora – que obedece ao entendemento, en prol do interese xeral, de tres administracións distintas – Estado, Deputación e Concello - que camiñan da man, na mesma dirección, para obter logros que revertan en beneficio de toda a cidadanía porque s