Lara Méndez anuncia un novo paso para a recepción do Auditorio coa aprobación, a próxima semana, do proxecto reformado do inmoble e o do seu equipamento

A rexedora sinala a axilidade coa que os servizos municipais informaron o documento refundido que foi entregado pola Xunta a finais de novembro

O edil, Miguel Couto, lembra que se tratraba dun trámite imprescindible para avanzar no procedemento a pesar de que o goberno autonómico negou inicialmente que fose necesario

Mércores, 08 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anuncia un novo paso para a recepción do Auditorio coa aprobación, a próxima semana, do proxecto reformado do inmoble e o do seu equipamento

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, anunciaba hoxe que a vindeira semana someterase á Xunta de Goberno Local a aprobación do proxecto reformado do novo Auditorio así como o do equipamento que o Concello lle solicitara repetidamente á Xunta para proceder á súa recepción logo de que a infraestrutura orixinalmente prevista sufrira varias modificacións.

“Un documento que a alcaldesa chegou a reclamar en varias ocasións durante o último ano ante a necesidade de que a área de Arquitectura puidese comprobar que a obra cumpre cos criterios urbanísticos estipulados para a zona”, indicou o concelleiro.

Miguel Couto lembrou que eses cambios non puideron ser informados polos servizos municipais ata que o executivo autonómico presentou a finais de novembro o texto refundido “e a pesar de rexeitar publicamente que o devandito documento fose necesario para que o proceso avanzase”.

“Tras someterse á avaliación dos técnicos do Concello, agora poderá ser ratificado polo órgano competente como un dos pasos defitivos do procedemento que continuará coa folla de ruta establecida na primeira Comisión de Seguimento na que se acordou que igualmente resultaban imprescindibles o visto bo dos departamentos afectados: enxeñería, electromecánicos, informática, parques e xardíns e arquitectura”, sinalou o concelleiro.

“Un trámite que axilizamos todo o posible – recordou,  pola súa parte, a rexedora -  e que agardamos quede resolto o próximo día 15, de maneira que tamén solicitaremos á Xunta poder comezar, nese momento, as visitas correspondentes para verificar que a execución da obra e o estado da mesma se adecúan aos proxectos co fin de garantir que a entrega desta dotación cultural se realiza nas condicións axeitadas”, explicou Lara Méndez quen tamén fixo énfase na axilidade coa que os servizos municipais informaron o proxecto refundido que foi entregado pola Xunta nas vésperas do Nadal.

Por outra banda, na primeira Xunta de Goberno do ano, celebrada esta mañá, o executivo local autorizaba a concesión de dúas licenzas urbanísticas. A primeira delas para a legación dunhas obras de reforma interior xa realizadas e a construcción dunha planta alta nunha nave do Polígonogo do Ceao na que se investiron 49.490’72 euros.

E, a outra, para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Alcalde Luis Ameijide, orzamentada en 42.546’21 euros  e para a que estableceu un prazo de execución de 18 meses.

Audio

  • O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sobre o Auditorio | Descargar mp3

Noticias relacionadas