Lara Méndez anuncia que o Concello renovará e igualará os modelos dos 300 bolardos de protección do barrio da Milagrosa

A actuación responde a unha das peticións veciñais recollidas durante a campaña de Participación Cidadá posta en marcha no programa Muramiñae Rehabilita na zona DUSI.  

Co cambio destes elementos, mellórase a seguridade das rúas.

As primeiras accións serán nas vías Mallorca e Milagrosa.

Sábado, 13 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anuncia que o Concello renovará e igualará os modelos dos 300 bolardos de protección do barrio da Milagrosa

O Concello de Lugo iniciará este luns, día 15, a retirada e a renovación dos bolardos de protección nas distintas rúas do barrio da Milagrosa, actuación que comezará polas vías Mallorca e a Milagrosa.

A alcaldesa, Lara Méndez, anunciou que con esta iniciativa “damos resposta a outra das demandas veciñais que se presentaron durante a campaña de participación cidadá posta en marcha co programa de inserción socio-laboral Muramiñae Rehabilita, e que non se puido realizar durante o seu desenvolvemento porque excedía a capacidade do programa”.

A acción, coa que se actuará nos máis de 300 bolardos existentes, seguirá logo polas rúas de Curros Enríquez, Reverendo Xosé Fernández, Camiño Real (desde Milagrosa hasta García Abad), Yáñez Rebolo, Xulia Minguillón, Pintor Villamil e Tino Grandío.

Ademais de mellorar a seguridade na zona xa que os elementos elixidos recuperan a verticalidade despois de flexar ao 90%, con estes cambios se iguala a estética dos bolardos no barrio. Os que se retiren e estean en bo estado, servirán para repor os que estean rotos noutras rúas da cidade sempre que sexan do mesmo modelo.

“Esta é a segunda das actuacións coas que atendemos as numerosas demandas do Muramiñae Rehabilita, xa que a primeira e a peonalización da rúa Esquecemento, e seguimos avaliando o resto das solicitudes presentadas co fin de activalas se son viables”, sostén Lara Méndez.

Noticias relacionadas