Lara Méndez anuncia o cartel máis ambicioso do Caudal Fest, o último festival do verán, que aspira a superar os 30.000 asistentes

A Alcaldesa destaca a proxección para Lugo deste evento “xa consolidado e un dos máis esperados polos amantes da mellor música”, que se celebrará os días 16 e 17 de setembro.

A rexedora pon en valor o revulsivo económico desta cita, xa que o 40% do asistentes proceden de fóra de Galicia, que en edicións anteriores deixou máis de 3 millóns de euros.

O festival recupera toda a súa forza con artistas de gran de calidade, como Robe, de Extremoduro, e Estopa, que elixiu Lugo como único festival ao que asistir este verán.

Con 20 grupos pechados e pendentes de introducir máis artistas, incluirá tamén músicos que arraxan entre a mocidade como Morad ou Benavente, Delaossa e Cupido.

A presenza de artistas galegos tamén está garantida coas actuacións de Terbutalina, Grande  Amore ou  Apart, así como dos lucenses de Forget La France e Infrarroja.

A organización sacará a venda, a partir do vindeiro mércores, 11 de maio, ás 12:00 horas.

Xoves, 05 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anuncia o cartel máis ambicioso do Caudal Fest, o último festival do verán, que aspira a superar os 30.000 asistentes

"A terceira cita de referencia, xunto co San Froilán e o Arde Lucus, voltará con todas as súas forzas", manifestou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez durante a presentación da #AÚltimaGranFestaDoVerán, o Caudal Fest que se celebrará o 16 e 17 de setembro na contorna do río Miño. “O festival, que xa conseguimos consolidar e que xa é unha cita obrigada entre os amantes da mellor música, recupera o seu formato, e faino con matrícula de honor, co cartel más ambicioso que tivo ata este momento”, sostivo.

O Caudal Fest foi unha das apostas da alcaldesa Lara Méndez para converter Lugo nunha cidade referente das citas musicais nacionais para captar un turismo de calidade de festivais, puxo en valor este evento “que en edicións anteriores deixou na cidade máis de 3 millóns de euros que beneficiaron a todos os sectores, hoteis, bares, comercios, etc. É xa un clarísimo revulsivo económico durante dous días que tamén alcanza aos municipios limítrofes”.

Iván Méndez, organizador do festival, avanzou ademais, que o 40% dos asistentes proceden de fóra de Galicia. Se na primeira edición, no ano 2018, a cita atraeu á cidade a 22.000 persoas, nesta edición espérase xa superar en moito as 30.000.

O organizador destacou a calidade da programación, “grandes grupos e para todas as idades, sostivo, “serán dous días completos cheos de concertos, ampliando así a oferta musical respecto a outros anos”. O cartel anunciado hoxe inclúe 20 artistas e grupos, “pero quedan aínda algúns por anunciar”, adiantou.

Un dos grandes atractivos do festival tamén é que se organiza na contorna do Miño, unha zona de enorme beleza natural, onde se instalarán dous grandes escenarios e unha área de descanso.

Programación variada e de calidade:

  • A cabeza de cartel do sábado será Robe Iniesta, cantante e líder de Extremoduro. Cun show repleto de éxitos xeracionais, o estremeño elixiu o Caudal Fest como un dos poucos festivais nos que actuará dentro da súa xira “Ahora es Cuando”. Sen dúbida, un dos artistas máis importantes da historia do rock en castelán a nivel mundial.
  •  Os irmáns David e José Muñoz (Estopa) serán a cabeza de cartel do venres. É un dos grupos españois que máis éxitos teñen no seu haber desde a súa formación en Cornellá de Llobregat en 1999. O de Lugo será o único concerto que darán en Galicia e o único festival no que participarán en España.
  •  O compositor e rapeiro catalán Morad, que arrasa con millóns de escoitas en todas as plataformas dixitais, é un dos grandes atractivos para o público máis novo. Unha mostra máis de que é un festival en constante renovación.
  •  León Benavente presentarán o seu cuarto álbum “ERA”. O cuarteto leva sendo unha das sensacións máis importantes do panorama independente a nivel nacional ao longo da última década.
  •  Ilegales, unha das bandas máis lonxevas e importantes do rock nacional presentarán “La Lucha por la vida” da súa xira polo seu 40º aniversario.
  •  Delaossa é outro dos confirmados para esta edición. Outra das sensacións dentro do hip hop e do urbano, deixando patente a eclecticidad do festival e do seu cartel.
  •  Cupido, liderado polo trapero Pimp Flaco, tamén estará presente nesta cita.
  •  Ciudad Jara, novo proxecto de Pablo Sánchez, a quen moitos coñecerán por liderar ‘A Raíz’, e que cultiva grandes éxitos co seu grupo alternativo.
  •  Cariño, única banda española que actou na pasada edición de Coachella, tamén estrará presente, xunto con Mujeres. Dúas formacións que non deixan de triunfar discográficamente e en directo a ambos os dous lados do Atlántico.
  • Ciclonautas, Paranoid 1966, Judeline,  Fresquito e Mango, e Os  Flamingos estarán na última gran festa do verán.
  •  A festa con selo galego estará tamén presente no Caudal Fest tamén con artistas como  Terbutalina, Grande  Amore ou  Apart. A presenza de artistas lucenses estará garantida coas actuacións de  Forget La France e Infrarroja.

A organización sacará a venda, a partir do vindeiro mércores 11 de maio ás 12:00 horas.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o festival "Caudal Fest" | Descargar mp3
  • O organizador do festival "Caudal Fest", Ivan Méndez | Descargar mp3

Noticias relacionadas