Lara Méndez anima a participar nun novo Inicia Coworking polo éxito dos precedentes, que crearon xa 350 postos de traballo

A alcaldesa de Lugo lembra que o 63% dos emprendedores inscritos nas anteriores edicións deste programa impulsado polo Concello e a EOI seguen facturando.

As persoas interesadas en sumarse a esta terceira edición poden facelo, ata o 10 de marzo, a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-5a-edicion

Venres, 14 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anima a participar nun novo Inicia Coworking polo éxito dos precedentes, que crearon xa 350 postos de traballo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, animou hoxe a veciñanza de Lugo con interese en emprender proxectos empresariais a que se inscriban na que será xa a V edición do programa Inicia Coworking, impulsado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. A rexedora lembrou que en nas edición anteriores conseguiron crearse 350 postos de traballo directos, máis os indirectos, e que “o índice de supervivencia das empresas que naceron con nós está a ser do 75%”.

A rexedora, acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto fixeron un chamamento a emprendedores lucenses esta mañá no CEI-NODUS, para animar a que se inscriban na quinta edición de Inicia Coworking de Lugo, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Esta quinta edición busca persoas emprendedoras, e ofrece, de xeito individual e gratuíto, formación e acompañamento para a posta en marcha ou consolidación de novos proxectos de caracter emprendedor e inovador. Lara Méndez puxo en valor a calidade das pasadas edicións “a día hoxe o 63% dos emprendedores inscritos nas pasadas edicións están facturando, dato positivo para poñer en valor estas xornadas e animar a novos emprendedores e emprendedoras que se inscriban” destacou a alcaldesa.

Unha vintena de persoas poderán incorporarse a esta nova edición do programa, do que xa se beneficiaron 89 emprendedores nas catro convocatorias celebradas ata o de agora. As persoas interesadas en sumarse a esta terceira edición poden facelo, ata o 10 de marzo, a través do enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo-5a-edicion Entre todas as inscricións realizarase unha selección de participantes nesta quinta edición do Inicia Coworking, que se prevé comece en marzo e terá lugar nas instalacións municipais do CEI-NODUS.

O Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, “animou a todas aquelas persoas con iniciativa e con ideas para novos proxectos a presentar as súas ideas a esta convocatoria”.

O Cei Nodus nos quince anos que leva en marcha asesorou a máis de 3.300 proxectos, creáronse aproximadamente 350 empresas e instaláronse no viveiro 105 proxectos empresariais, cunha supervivencia que rolda o 80%. As 86 empresas que están en activo xeraron directamente máis de 340 postos de traballo e varias ducias de postos indirectos.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o novo Inicia Coworking | Descargar mp3

Noticias relacionadas