Lara Méndez anima, no Día Internacional do Voluntariado, á promoción individual e colectiva de accións solidarias

A rexedora de Lugo destaca a importancias da rede de voluntariado “para impulsar  transformacións sociais xustas, pacíficas e inclusivas".

Venres, 03 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anima, no Día Internacional do Voluntariado, á promoción individual e colectiva de accións solidarias

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Benestar Social, Olga López, asistiron hoxe á lectura dun manifesto convocado pola Rede Lucense de Voluntariado RELUVOL) con motivo do Día Internacional do Voluntariado.

A rexedora recoñeceu “o labor das persoas voluntarias e a súa dedicación, así como o das organizacións que as sosteñen, que no caso particular de Lugo son numerosas e exemplo de compromiso, constancia, solidaridade e honestidade, valores básicos da nosa sociedade”.

Méndez sinalou que "o voluntariado consolida a cohesión social e a confianza ao promover accións individuais e colectivas, pero tamén inspira a outras persoas e impulsa as transformacións requiridas para promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas". Puxo en valor o papel que xogan en colaboración coas institucións para traballar conxuntamente neste senso.

Na Rede Lucense de Voluntariado (están integradas as asociacións  Auxilia, Capaces, Dignidade, Juan Soñador, Ateibo, Aliad, Cáritas, Down,  Raiolas, FSXitano, Aspnais, AECC, Cogami e USC.

Nesta ocasión, o manifesto foi lido na praza de Campo Castelo por un representantes do colectivo Auxilia, que en nome da rede de voluntariado de Lugo destacou o valor da solidariedade que expresan milleiros de persoas diariamente de xeito desinteresado.

Noticias relacionadas