Lara Méndez anima á compra de proximidade para apoiar a economía na XVII edición do Comercio na Rúa Street Market

Venres, 06 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anima á compra de proximidade para apoiar a economía na XVII edición do Comercio na Rúa Street Market

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou esta mañá os postos da XVII edición do Comercio na Rúa Street Market, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo e no que participan 63 comercios da cidade, ofrecendo descontos en artigos de todos os sectores ao longo deste venres, de xeito ininterrompido.

Durante a visita, a rexedora subliñou que “desde o executivo municipal estamos moi satisfeitos de colaborar con esta campaña, así como con aquelas iniciativas que teñan entre os seus obxectivos apoiar e dinamizar as compras nos pequenos e medianos establecementos da nosa cidade”.

O Concello de Lugo está a mobilizar un millón de euros, dentro da Estratexia global de dinamización, reconstrucción e reactivación da economía para paliar as consecuencias da crise provocada pola Covid-19, ca finalidade de conectar aos veciños e veciñas co consumo de proximidade, potenciando a identidade propia de cada barrio e “proxectando con orgullo a marca Localmente Lucense como un estilo de vida co que declarar loucura polos nosos e polo que nos rodea”.

Durante a visita, á que tamén asistiu a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a alcaldesa lembrou que “o pequeno comercio, ademais de xerar riqueza no municipio, mantén un número elevado de postos de traballo, polo que mercar nestes negocios redunda no beneficio de todos”.

Multimedia

  • Lara Méndez anima á compra de proximidade para apoiar a economía na XVII edición do Comercio na Rúa Street Market

Noticias relacionadas