Lara Méndez acompañada de Julio Casal, inauguran “Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento”

Mércores, 11 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acompañada de Julio Casal, inauguran “Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de Julio Casal, membro fundador de CorBi Foundation, inauguraron esta mañá o ‘Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento’.

A alcaldesa destacou que “Hoxe en Lugo temos unha gran oportunade e debemos estar atentas e  atentos para cando se fale de: Captación e retención de talento. Remuneracións compe­titivas. Conciliación da vida laboral e familiar. Proposta da ciencia en feminino. Temas á orde do día que sin lugar a dúbidas non nos deixarán indiferente a ningun dos aqui presentes”.

A xornada continuou con ponencias de 10 mulleres dos 11 poñentes que nos explicaron, en 10 minutos de exposición individual as diferentes visións persoais da carreira científica, entre elas: María Mayán (INIBIC), coordinadora; María Pardo (IDIS), coordinadora; María José Alonso (CIMUS/USC); Virginia Arechavala Gomeza (IIS BioCruces Bizkaia / Ikerbasque); María de la Fuente (IDIS); África González (CINBIO/UVIGO); Mercedes Novo (Campus Terra Lugo, USC); Maruxa Quiroga (Campus Terra Lugo, USC, Tastelab); Laura Sánchez Piñón (Campus Terra Lugo, USC); Neus Sabaté (Centro Nacional de Microelectrónica [CSIC-IMB-CNM]/ ICREA) e Carlos Spuch (IIS Galicia Sur).

Na sesión de tarde do encontro esta previsto que vinte e unha doctorandas/os conten de que tratan as súas diferentes teses en 3 minutos, tres charlas de divulgación científica para, e un debate entre público e ponentes.

Noticias relacionadas