Lara Méndez acomete a renovación integral do parque infantil do Río Mandeo, dando resposta así a demanda veciñal da zona

A obra implicará a total remodelación da área de lecer e a implementación de chan de caucho, máis cómodo e seguro para os menores, que inclúe tamén xogos no pavimento.

A actuación enmárcase no plan integral de reforma das zonas infantís realizado previo estudo do estado das mesmas e seguindo o concepto de espazos modernos e innovadores.

Xoves, 28 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acomete a renovación integral do parque infantil do Río Mandeo, dando resposta así a demanda veciñal da zona

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de inicio da obra de renovación integral do parque infantil da rúa Río Mandeo, que suporá a modernización das instalacións para que sexan máis atractivas, versátiles e integradoras.

“Damos así resposta a unha das demandas veciñais da zona xa que o parque necesitaba unha clara mellora, e así tamén o detectamos no estudo previo que fixemos do estado de todas as áreas infantís da cidade para realizar o plan de mellora, seguindo o concepto de espazos modernos e innovadores, que estamos agora a executar”, lembrou a rexedora. O prazo de execución será dun mes e medio.

Ademais dos cambios dos xogos, que incluirá casa bosque con tobogán, balancín e columpios,  a actuación contempla a instalación de chan continuo de caucho e de cores, material máis cómodo e seguro para os pequenos, e irá pechada cun valado de madeira. Todo completamente novo co fin de  mellorar substancialmente no só a área de xogos senón a confortabilidade dos usuarios.

O Concello tamén implementará neste parque xogos incluídos no mesmo pavimento de caucho co fin de incrementar a oferta de lecer para os nenos e nenas. A substitución da clásica área ou céspede artificial por este material levouse a cabo por vez primeira no recentemente inaugurado parque infantil da Avenida das Américas, e tamén se aplicará no parque infantil de San Roque, no que está tamén actuando nestes intres.

Na actualidade existen 80 áreas recreativas para o uso e goce da cidadanía, que son inspeccionadas periodicamente por persoal técnico do Concello co fin de garantir o seu correcto mantemento e de implantar melloras, máis dun 20% foron rehabilitados ou construídos durante o mandato de Lara Méndez.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Parque do Río Mandeo | Descargar mp3

Noticias relacionadas