Lara Méndez aborda co vicerreitor do Campus a situación do CEIP Anexa

Atendendo ás peticións da Anpa, a rexedora lucense trasladoulle ao equipo de Francisco Fraga as preocupacións que a este respecto ten a comunidade educativa.

Martes, 14 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aborda co vicerreitor do Campus a situación do CEIP Anexa

A alcaldesa, Lara Méndez, recibiu na Casa Consistorial, ao novo vicerreitor do Campus de Lugo, ao que, entre outros asuntos, lle trasladou a preocupación da comunidade educativa do CEIP da Anexa para que o alumnado poida dispoñer, o vindeiro curso, dun espazo axeitado para a realización das súas actividades lectivas e extraescolares.

Así, foi a rexedora quen, atendendo á petición que lle realizou a ANPA – coa que tamén manterá un encontro proximamente – convocou a xuntanza, á que Francisco Fraga acudiu acompañado de parte do seu equipo directivo, para expoñerlle as inquedanzas das nais e pais deste centro lucense.

Unha reunión na que, unha vez máis, quedou patente a boa relación e o gran entendemento que existe entre os dous organismos.

Noticias relacionadas