Lágrimas Rojas, a última proxección do ciclo de cine xuvenil Muller e Interculturalidade

Xoves, 03 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres, 4 de xullo, continúa o ciclo de cine xuvenil "Muller e interculturalidade" organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar co filme Lágrimas Rojas. A película encádrase na  España dos anos sesenta na que dous millóns de españois saen do país empuxados pola necesidade. O seu destino será Alemaña, Francia, Suíza e Os Países Baixos. A metade son clandestinos e viaxan sen contratos de traballo. O oitenta por cen deles son analfabetos. Ante eles levántase o muro do idioma e os costumes diferentes.

O tempo pasa e a historia trasládase á actualidade. Outros necesitados chaman á porta dun país próspero, case ninguén se acorda da outra historia. Josefina si. Ela recorda a súa viaxe no tren da memoria co seu destino en Nüremberg, Alemaña. O documental retrata o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a súa prosperidade en Europa nos anos sesenta. Fóronse para uns meses e quedaron trinta anos.

Con esta proxección remata o ciclo que dende o pasado mes de abril, tiña como obxectivo ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta.

Noticias relacionadas