José de Cora prende a mecha do Entroido lucense cun pregón disfrazado de bando

Venres, 01 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
José de Cora prende a mecha do Entroido lucense cun pregón disfrazado de bando

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañadas doutros membros da Corporación Municipal, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, entre outras autoridades; recibiron ao pregoeiro, José de Cora, que prendeu a mecha do Entroido lucense, cun pregón disfrazado de bando. Ao longo de 40 puntos referiuse a todo tipo de actualidade, destacando a municipal, sen perder de vista o pasado de Lugo. A súa intervención desprendeu sorrisos nun completo Salón de Plenos.

Tras o pregón, as persoas asistentes puideron gozar das charangas Va K Pinta e Clve de Sol, que percorreron o recinto histórico. Tamén houbo Entroido Escénico, da man de Palimoquiños & cía + Down Lugo, coa obra Thriller.

Noticias relacionadas