A IV edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala, reunirá a preto de 70 equipos de Galicia e resto de España

O IV Torneo de Nadal de fútbol sala de base, autorizado pola  RFGF, disputarase en dúas fases.

A fase autonómica, terá lugar o 27 e 28 de decembro de 2021, e a fase Nacional disputarase o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2022.

Martes, 21 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A IV edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala, reunirá a preto de 70 equipos de Galicia e resto de España

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, acompañadado do xefe territorial de deportes, Manuel Otero "Cadramón” e o presidente do club ADC Lugo Sala, Marcos Pereira, presentaron este martes, a IV edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala que “reunirá a preto de 1.000 deportistas na nosa cidade” apuntaba.

O Concello de Lugo, colabora novamente nesta iniciativa, poñendo a disposición da organización as distintas instalacións deportivas necesarias para a celebración do evento. Esta edición do Torneo, contará con 66 equipos participantes, e reunirá a mil xogadores os cales competirán ao largo dos cinco días do campionato, “o que implica que este Torneo de Nadal, sexa un dos eventos de fútbol sala de base, máis importantes de noso país” apuntaba Repetto.

O IV Torneo de Nadal de fútbol sala de base, autorizado pola  RFGF, disputarase en dúas fases. A fase autonómica, terá lugar o 27 e 28 de decembro de 2021, e reunirá a 66 equipos de Galicia; e a fase Nacional, que se disputará o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2022, e contará con 40 equipos de Galicia e resto de España.

Repetto, agradeceu o "traballo espectacular e ambicioso" que está a levar a cabo o club Lugo Sala, no deporte base da cidade, que é capaz de poñer a Lugo a nivel nacional en datas tan sinaladas a través deste torneo. Así mesmo, reiterou o compromiso de colaboración co deporte do Goberno de Lara Méndez.

A organización pola súa banda quixo “agradecer a implicación do Concello de Lugo co club, para poder celebrar un campionato desta magnitude”.

Noticias relacionadas