Infraestruturas reforza o alumeado da rúa Alcalde Xosé Novo Freire

Rubén Arroxo: "realizamos esta intervención tentando aplicar a perspectiva de xénero no alumeado público para incrementar a visibilidade nas noites"

No último ano e medio orzamentáronse 2.450.000€ na renovación do alumeado público da cidade

Sábado, 09 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas reforza o alumeado da rúa Alcalde Xosé Novo Freire

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que desde a área de Infraestruturas se instalaron novas luminarias na rúa Alcalde Xosé Novo Freire despois de coñecer, na fin de semana pasada que unha veciña de Lugo expresou nas redes sociais a falta de alumeado nesta zona, que desembocou nunha incidencia desagradable para ela.

Desde a área de Infraestruturas realizouse, no último ano e medio, un investimento de 2.450.000€ adicado á renovación do alumeado público da cidade. Nas renovacións levadas a cabo, substituíronse elementos contaminantes utilizados na instalación antiga, como luminarias de vapor de mercurio, por luminarias LED de baixo consumo enerxético.

"Estas actuacións permitiron non só mellorar a seguridade das rúas, senon reducir o consumo enerxético e polo tanto o impacto ambiental e as emisións de CO2 á atmosfera", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "nestas actuacións tentamos aplicar tamén a perspectiva de xénero para incrementar a visibilidade nas noites".

Noticias relacionadas