Infraestruturas mellora a pavimentación da rúa das Fontes con Mar Cantábrico

Alexandre Penas: “xunto coa mellora das pavimentacións realizaranse mantementos nas beirarrúas para facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños”

Xoves, 11 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas mellora a pavimentación da rúa das Fontes con Mar Cantábrico

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos de mantemento en varias rúas da zona norte da cidade, que comezaron nos últimos días. Alexandre Penas explicou que “estamos a realizar unha importante actuación de mantemento na unión da rúa das Fontes con Mar Cantábrico”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na demolición do pavimento existente, excepto onde se atopa en bo estado. Habilitarase unha nova beirarrúa con saíntes nas zonas dos pasos de peóns. Na calzada, colocarase pavimento de formigón de 18 cm de espesor, que dará continuidade ao xa colocado en Mar Cantábrico e na zona de estacionamento. Ademais, en todo o treito renovarase a sinalización horizontal.

A concellería de Infraestruturas realiza esta intervención, que foi licitada xunto con outras intervencións na zona norte da cidade por un total de 41.574,45€ na mellora de tres zonas da cidade que presentaban un avanzado estado de desgaste. Alexandre Penas lembrou que “desde a concellería de Infraestruturas sempre tratamos de traballar con empresas galegas e de Lugo para ao mesmo tempo que melloramos a cidade, promovemos o emprego e o mantemento da vida económica”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o asfaltado da Zona Norte | Descargar mp3

Multimedia

  • Infraestruturas mellora a pavimentación da rúa das Fontes con Mar Cantábrico

Noticias relacionadas