Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña

Rubén Arroxo: "continuamos a mellorar as zonas industriais da cidade, recollendo unha solicitude do tecido empresarial da zona"

Veñen de comezar os traballos, consistentes na renovación da capa de rodadura desta rúa

Domingo, 30 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou a Campiña, onde veñen de comezar os traballos de renovación da capa de rodadura do acceso á zona industrial. Rubén Arroxo explicou que “continuamos a traballar na mellora das zonas industriais da cidade, recollendo ao mesmo tempo unha solicitude das distintas empresas da zona, que reclamaban a mellora do asfalto desta vía”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

Arroxo explicou que "esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo".

Multimedia

  • Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña
  • Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña

Noticias relacionadas