Infraestruturas instala novos paneis de información nas paradas de bus

Alexandre Penas: “estanse a substituír os paneis máis antigos e os máis desgastados”

A área de Mobilidade continúa a preparar a chegada das novas liñas de bus

Martes, 02 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas instala novos paneis de información nas paradas de bus

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar continuando co proceso de renovación de liñas de transporte público. Penas explicou que “estamos a renovar os paneis informativos das paradas que se atopan máis desgastados e os que son máis antigos”.

“Seguimos dando pasos adiante no proceso de implantación das novas liñas”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “trátase dun proxectoque está xa completamente confeccionado e do cal seguimos a dar pasos adiante na súa implantación”. O edil nacionalista lembrou que “antes de que as novas liñas entren en funcionamento, realizaremos unha campaña de promoción das mesmas para que toda a veciñanza poida coñecer a nova mobilidade de Lugo”.

O novo proxecto de transporte público está formado por 22 liñas, que estarán cubertas por 21 buses. Alexandre Penas explicou que “contaremos con catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade”, e destacou as conexións das distintas zonas, como o eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos. O HULA e os barrios mellorarán tamén as conexións, contando con 6 liñas que unan de xeito directo o hospital con distintas zonas da cidade.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre os novos infobus | Descargar mp3

Multimedia

  • Infraestruturas instala novos paneis de información nas paradas de bus
  • Infraestruturas instala novos paneis de información nas paradas de bus

Noticias relacionadas