Infraestruturas e Cultura realizarán unha intervención artística na Ronda da Muralla

Rubén Arroxo: "buscamos conseguir un lugo vangardista mellorando a imaxe en distintos puntos da cidade"

O artista local Iago Eireos realizará un mural na fachada do número 145 da Ronda

Domingo, 17 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas e Cultura realizarán unha intervención artística na Ronda da Muralla

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúa co festival de arte urbano Culturbán, que se inicioua finais do 2020 coa realización dun combate de murais ao aire libre. O artista local Iago Eireos encargarase nesta nova fase do proxecto de realizar un mural á altura do número 145 da Ronda da Muralla, no cruce coa rúa Poeta Noriega Varela. “Con este proxecto buscamos conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, mellorando a imaxe da cidade con accións en distintos puntos”, explicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo

O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. "Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social", declarou Rubén Arroxo, que engadiu "trátase dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería".

Exposición Combate mural: muller, igualdade e empoderamento

Arroxo lembrou que se pode visitar no MIHL a exposición Combate mural: muller, igualdade e empoderamento até o 11 de febreiro. A exposición conta con todos os murais realizados no combate mural que deu comezo ao Culturban o pasado 31 de outubro.

Multimedia

  • Infraestruturas e Cultura realizarán unha intervención artística na Ronda da Muralla

Noticias relacionadas