Inaugúrase no MIHL a exposición 100 anos dándoche a palabra coa que se conmemora o centenario das Escolas Oficiais de Idiomas

Xoves, 18 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou esta tarde na inauguración da exposición 100 anos dándoche a palabra no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Esta exposición poderá visitarse ata o 15 de outubro e con ela preténdese conmemorar o centenario da creación das escolas oficiais de idiomas que desenvolveron un papel importante na adquisición e mellora de novas linguas estranxeiras.

A exposición está dividida cronolóxicamente e na que se destacan os acontecementos máis importantes para a entidade. Así, unha primeira parte recolle a creación da escola central coa información sobre os primeiros anos, o primeiro edificio ou fotos de alumnos. Nesta primeira parte, tamén se diferencia unha etapa moi importante para a súa consolidación como foi a Guerra Civil durante a que estivo pechada. Tamén hai un apartado para a etapa da posguerra coa inclusión de novas linguas, ou a nova sede.

A parte final da exposición está relacionada cunha segunda etapa na que xa se denominan Escolas Oficiais de Idiomas con datos estadísticos, o novo plan de estudos e as perspectivas de futuro desta entidade.

Ademais, todas aquelas persoas interesadas poderán achegarse á Escola Oficial de Idiomas para coñecer e descubrir documentación histórica, a evolucións dos libros, exames e exercizos e moitas curiosidades que foron acontecendo ao longo destes 100 anos de historia.

Noticias relacionadas