Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

A Feira do 48 celebrase nesta fin de semana na Praza Maior de Lugo e o pregón correu a cargo do historiador, e expresidente de Cantigas e Frores, Adolfo de Abel Vilela

Os ediles de Educación, Felipe Rivas, e de Partipación, Cristina López, representaron ao Concello na apertura da Feira

Sábado, 07 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

Quedou inaugurada a  A Feira do 48 que por segundo ano consecutivo organiza a Asociación Cultural “Cántigas e Frores” e se celebra na Praza Maior de Lugo os días 7 e 8 de setembro. No pregón, correu a cargo do historiador, e expresidente de Cantigas e Frores, Adolfo de Abel Vilela. Os ediles de Educación, Felipe Rivas, e de Partipación, Cristina López, representaron ao Concello na apertura da Feira.

Durante esta fin de semana poderanse ver unha Exposición de artesanía. Ao longo das dúas xornadas haberá seis stands nos que expoñerán cinco dos mellores artesáns de instrumentos e traxes tradicionais galegos: Xaneco Tubío, Miguel Mosquera, Traxandaina, Lis Latas, Bolboreta Fiandeira; xunto cun stand adicado a Cantigas e Frores, pulpeira e xogos tradicionais. Como en calquera feira, dentro do recinto feiral (espazo ao redor do Templete da Praza Maior) acompañarán aos stands de artesanía unha pulpeira (Pulpería María da Valiña de Sarria) e xogos tradicionais como o Xogo da Rá e moitos outros.

Ademais haberá actuacións musicais e de Baile Tradicional Galego, durante as dúas xornadas a ambientación musical correrá a cargo das diferentes formacións que forman parte do organigrama de Cantigas e Frores: Banda de Gaitas, Grupo de Baile Tradicional, Grupo de Cantareiros, Murga, Grupo de Cantareiras, Coro Galego, Cuarteto Tradicional

Ruadas: ao remate das dúas xornadas haberá unha Ruada, trátase de dúas festas amenizadas por grupos de recoñecido prestixio: Ruada do sábado: contará coas actuacións do Coro Cantares de Brión, de Comando Curuxás, a maiores dos Cantareiros e de Cántigas e Frores así como da Murga de Cántigas e Frores e Ruada do domingo: contará coas actuacións do Coro Galego de Cántigas e Frores, o Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores e de Fiandola.

HORARIOS

Sábado:

  • 11:48 Apertura da Feira e pregón a cargo de Adolfo de Abel Vilela
  • 12:48 Concerto da Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
  • 13:48 Actuación do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores
  • 18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores
  • 19:48 RUADA: Coro Cantares do Brión, Murga de Cántigas e Frores, Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores e Comando Curuxás

Domingo:

  • 11:48 Pasarrúas
  • 12:48 Concerto da Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei
  • 13:48 Actuación do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores
  • 18:48 RUADA: Coro Galego de Cántigas e Frores, Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores e Fiandola

Multimedia

  • Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

Noticias relacionadas