Inaugurada a exposición conmemorativa do décimo aniversario da Cohors III Lucensium

Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Inaugurada a exposición conmemorativa do décimo aniversario da Cohors III Lucensium

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, participou este martes na inauguración da exposición conmemorativa do décimo aniversario da primeira das asociacións do Arde Lvcvs, a Cohors III Lucensium. Trátase dun acto enmarcado dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello.

A exposición, que terá como escenario o  propio MIHL, servirá como repaso da traxectoria desta lexión romana que participa activamente nos festexos do Arde Lvcvs, declarados recentemente de Interese Turístico Nacional, pero tamén de de rememoración das súas actividades levadas a cabo en distintos puntos do territorio español e portugués.

Todas as persoas interesadas poderán admirar distintas réplicas de miliarios e fotografías do paso desta Cohors por distintas poboacións peninsulares ata o 7 de xuño, nas instalacións do MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas, e domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Multimedia

  • Inaugurada a exposición conmemorativa do décimo aniversario da Cohors III Lucensium

Noticias relacionadas