A II Ruta Ecuestre Labio-Vilachá terá lugar esta fin de semana

Martes, 01 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa II Ruta Ecuestre Labio-Vilachá que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño, organizada pola Asociación de Cabaleiros da Feira de Aday. Os participantes percorrerán unha distancia de 10 quilómetros transcorrendo os montes e sendeiros da zona. A ruta finalizará cunha comida campestre no recinto no que haberá un servizo de pulpería e bar ao longo de todo o día. Pola tarde comezarán as probas de andadura: - Andadura dous tempos (Serrada) - Andadura catro tempos (Chapeada) - Andadura trotóns. Haberá un total de cinco premios en cada categoría: 1º premio: 100 euros e un trofeo 2º premio: 80 euros e trofeo 3º premio: 60 euros e trofeo 4º premio: obsequio 5º premio: obsequio. Os interesados en participar ou en obter máis información poden chamar ao teléfono 626 983 564.

Noticias relacionadas