A humanización da Praza Agro do Rolo inaugúrase mañá venres

Será a partir das 17:00 horas. Haberá inchables para os máis cativos e chocolate para todas as persoas asistentes

"Estas tarefas que vimos de acometer permítennos seguir avanzando no modelo que dende o Goberno queremos para Lugo, unha cidade máis agradable, cómoda e accesibles, con máis espazos públicos para o uso público", asegurou Lara Méndez

As obras, de 223.000€, consistiron na mellora da estética da praza, coa creación dunha zona de xogos cuberta, unha zona verde, situada no lateral da praza, con tres camiños peonís que comunican Agro do Rolo coa rúa Anselmo Sampedro; e a zona central, onde se colocaron bancos e mobiliario urbano

Xoves, 16 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A humanización da Praza Agro do Rolo inaugúrase mañá venres

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer que mañá venres, 17 de novembro, se inaugurará a Praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa, logo das obras de humanización que vén de acometer o Concello en solitario cun investimento de 223.000 euros de fondos propios. Tal e como avanzou a rexedora, será a partir das 17:00 horas, e haberá inchables para os máis cativos e cativas, así como chocolate para as persoas asistentes.

"Estas tarefas que vimos de acometer permítennos seguir avanzando no modelo que dende o Goberno queremos para Lugo, unha cidade máis agradable, cómoda e accesibles, con máis espazos públicos para o uso público", asegurou Méndez, quen lembrou que o proxecto responde a unha "sentida demanda veciñal".  Contribúe ademais a materializar un modelo de cidade pensado na persoa, con espazos para o disfrute da veciñanza.

As obras consistiron na mellora da estética da praza, que mide 4.235 metros cadrados, coa creación dunha zona de xogos cuberta, duns 230 metros cadrados, unha zona verde, situada no lateral da praza, con tres camiños peonís que comunican Agro do Rolo coa rúa Anselmo Sampedro, con bancos; e a zona central, onde se colocaron bancos e mobiliario urbano.

Para estas obras existía un proxecto de 2011, paralizado polo Ministerio de Fomento, que foi retomado e actualizado polo Concello para avanzar na humanización de espazos, actuando nun entorno privilexiado, nunha praza emblemática.

Lara Méndez convidou á veciñanza a ahegarse ata esta praza mañá e a gozar con esta nova zona de esparexemento, que se convertirá, en punto neurálxico do barrio.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo Lara Méndez sobre a inauguración da Praza Agro do Rolo | Descargar mp3

Noticias relacionadas