Hoxe inaugúrase a exposición do segundo grupo de artistas que forma parte da proxecto 8MIHL que se poderá desfrutar ata o 6 de abril

Venres, 21 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu á inauguración do segundo grupo de artistas que forma parte do proxecto artístico que se poderá visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 6 de abril que recolle a obra de oito artistas lucenses.

Así, dende hoxe e ata o 7 de marzo, exporán os seus traballos tanto Quique Muruais como JOJO (Jorge Alba), con traballos de pintura.
Quique Muruais presenta un traballo denominado Colorando e Perfilandia, no que recolle obras que presentan integrados personaxes, obxetos e símbolos dun modo coral. Utilizando a pintura instintiva, unha visión surealista da vida e da morte. Das filias e fobias, da que a intención narrativa - no caso de que esta exista - encárgase o subconsciente, así como do imaxinario figurativo é da procura do movemento. Deixando abertas distintas contemplacións, interpretacións, miradas. Coma nos soños.
Por outra parte, Jojo presenta o traballo Enredos que mostra situacións mentais nas que faltan claridade, ou tamén momentos nos que gustamos de entreternos. Traballo que busca a esencia pura, a sinerxia inmediata do subconsciente e consciente coas mans, plasmados en cadros de formato medio/grande. A ausencia de ferramentas e a economía dos materiais reforza a expresión do pensamento.
Baixo o nome de 8MIHL, presentarán as súas obras os artistas vangardistas, Toño de López, Poy, Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica que cada dúas semanas irán alternando os traballos de cada un deles.

Noticias relacionadas