Hoxe entregáronse os premios do primeiro certame de ambientación romana e castrexa durante o Arde Lucus

Martes, 10 de xullo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro fixeron entrega dos premios aos gañadores do primeiro Concurso de Ambientación romana e castrexa. Esta convocatoria tivo lugar con motivo do Arde Lucus e estaba organizada polo Concello de Lugo en colaboración co grupo El Progreso.

No acto, López Orozco, felicitou a todas as empresas, colexios e persoas particulares, que participaron nesta primeira edición e animou “a que todos os lucenses se animen a participar o ano que ven xa que o Arde Lucus é unha festa de todos”.

Os premios foron na categoría de fachadas e balcóns, dotado con 1.000 euros, para Margarita Meilán. Na categoría de escaparates, o premio de 500 euros foi concedido á Farmacia Abella e na de locais de hostalería, que tamén ten unha dotación económica de 500 euros, o premio foi para a Cervecería Fariñas. O premio na categoría especial de centros escolares, dotado con 1.000 euros, foi para o CEIP Quiroga Ballesteros. Nesta modalidade, o xurado acordou concederlle un accésit ó CEIP de Casás.

Multimedia

Noticias relacionadas