Homenaxe no Concello ao club Emevé, campión da Copa Príncipe e subcampión da Copa Princesa de voleibol

"Hoxe rendemos tributo non só un logro, senón tamén o esforzo e o traballo do Emevé ao longo dos 365 días do ano", asegurou a Alcaldesa no acto de recepción, no que estiveron presentes representantes de distintos grupos da Corporación

Martes, 23 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Homenaxe no Concello ao club Emevé, campión da Copa Príncipe e subcampión da Copa Princesa de voleibol

As xogadoras e xogadores do equipo feminino e masculino do Club de Voleibol Emevé recibiron este martes á tarde unha homenaxe no Salón de Plenos do Concello de Lugo, como brilLantes subcampioas e campións da Copa Princesa e Copa Príncpe de Voleibol, respectivamente, tras distintos emocionantes encontros a principios deste mes, uns deles celebrados na capital lucense.

Durante o acto, no que se exhibiron ambos os trofeos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, encargada de presidir a recepción "na que hoxe rendemos tributo non só un logro, senón tamén o esforzo e o traballo do Emevé ao longo dos 365 días do ano"; convidou ao club a seguir colleitando éxitos e a seguir fomentando o deporte de base e os valores que van inherentes a el. Así mesmo, tamén lles agradeceu o seu labor de embaixadores de Lugo en todas e cantas competicións disputan.

"Para nós é fundamental o deporte, e así o demostramos ao longo do ano apoiando ao deporte en xeral, e ao de base en particular, do que un claro exponente é o Emevé", asegurou Méndez.

Pola súa banda, a vicepresidenta do club, Antonia Iglesias, agradeceu a colaboración continua do Concello co club e felicitou aos campións, non só no na pista senón seu no día a día. Pechou o acto o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, quen falou do incremento da autoestima de Lugo tras ser gañadoras da Copa Príncipe. tras o agradecemento polo acto de recoñecemento por parte do adestrador.

Na recepción estivo presente o equipo masculino, pois o calendario do feminino marcaba entrenamentos. Tamén asistiron representantes dos grupos municipais do Partido Popular, Lugonovo e Cidadáns.

Noticias relacionadas