A guía turística e gastronómica ...E para comer, Lugo, protagonista por décimo ano en Fitur

Lara Méndez e Carmen Basadre participaron na presentación desta nova guía, unha iniciativa chave para a promoción de Lugo como destino turístico e gastronómico

Mércores, 18 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A guía turística e gastronómica ...E para comer, Lugo, protagonista por décimo ano en Fitur

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron na presentación da décima edición da guía ...E para comer, Lugo, realizada pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e que tivo lugar este mércores no stand de Galicia en Fitur 2017.

A Alcaldesa de Lugo, cidade tan coñecida pola súa tradición do tapeo, asegurou que “tapear en Lugo está no ADN de todos os lucenses grazas á hostalería" e ensalzou o labor realizado ao longo do ano pola Apehl para a promoción turística de Lugo.

Na presentación, tamén estiveron presentes o Presidente da Apehl, Cheché Real; o Presidente da Deputación, Darío Campos; o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o Deputado de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación, Eduardo Vidal, e o Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, entre outras autoridades.

A publicación ten unha tiraxe de 15.000 exemplares que se distribúen en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Volta Ciclista a España, ademais de contar cunha edición dixital na web www.eparacomerlugo.es.

Noticias relacionadas