Gran éxito das rutas que organizou este mes o Concello para a mocidade activa á Pena Guímara e á Ribeira Sacra

Carmen Basadre amosouse orgullosa polo resultado desta programación, que inclúe outras 4 rutas ata xuño

A seguinte será ao Courel o 30 de marzo, ao Pico Catro Cabaleiros, cunha dificultade media-baixa e unha distancia de 12,5 quilómetros. As inscricións xa están abertas debendo anotarse na Casa da Xuventude

Martes, 26 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gran éxito das rutas que organizou este mes o Concello para a mocidade activa á Pena Guímara e á Ribeira Sacra

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, puxo en marcha neste mes unha programación de rutas dirixidas á mocidade activa, que espertaron un gran interese. De feito, as dúas que se celebraron en febreiro, unha á Pena Guímara e outra á Ribeira Sacra, esta última o sábado pasado; foron tremendamente exitosas, ocupándose as máis de 60 prazas ofertadas en conxunto para ambas as dúas viaxes.

Carmen Basadre amosouse orgullosa polo resultado desta programación, que inclúe outras catro rutas ata xuño. A seguinte será ao Courel o 30 de marzo, concretamente ao Pico Catro Cabaleiros, cunha dificultade media-baixa e unha distancia de 12,5 quilómetros; outra a Valle de las Tejadas o 14 de abril, de dificultade media e unha distnacia de 14,8 quilómetros; á Edreira (Serra de Queixa) o 11 de maio, e á Seimeira de Vilagosende o 29 de xuño.

Todas as persoas interesadas en participar en calquera destas rutas xa poden inscribirse, na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é distinto para cada unha das rutas pode consultarse en www.lugo.gal, no 010, ou na propia Casa da Xuventude.

Audio

  • A concelleira Carmen Basadre, sobre as rutas postas en marcha polo Concello| Descargar mp3

Noticias relacionadas